lunes, 12 de marzo de 2012

OS CALABACÍNS

Este curso plantamos calabacíns no invernadoiro. Trouxemos calabacíns ás clases. Cortámolos e sacamos as sementes. Despois deixámolas secar para logo plantalas na terra en envases de iogur.Vimos como naceron e medraron nas nosas clases para despois plantalos no invernadoiro. Agora, cos nosos coidados, esperamos ter boa colleita de calabacíns.

jueves, 9 de febrero de 2012

AS MESTURAS

Os nenos e nenas de 4º fixemos nas nosas clases mesturas de diferentes materiais. Comprobamos que hai mesturas faciles de distinguir e separar os seus materiais e mesturas dificiles de separar os seus compoñentes. Tedes unhas mostras nestas fotos. pincha aquí para ver

jueves, 17 de febrero de 2011

ENCORO DE ABEGONDO-CECEBRE

Preto do noso cole atópase o encoro de Abegondo-Cecebre. Ao longo das estacións acolle multitude de patos, garzas, ocas, andoriñas, tordos,....
Nós fomos no inverno ( día 3 de Febreiro) con roupa e calzado cómodos, algúns prismáticos e gañas de pasalo ben.
Primeiro visitamos a Aula da Natureza e despois disfrutamos do paseo polas beiras do encoro: observando aquí un tordo, alá unhas pegas, un bando de estorniños sobre uns cables, unhas ocas que se enfadaron. E dende lonxe unha garza real.
Tamén posamos a nosa vista pola vexetación, polas árbores caidas debido ao efecto dos cangrexos americanos, os xuncos, o embigo de Venus, ulimos a menta,etc.
Merendamos no observatorio das aves, coidando de recoller o noso lixo.
PASÁMOLO MOI BEN!

Día da PAZ

O día 30 de Xaneiro celebramos o día da PAZ facendo un cartel todos xuntos. Pero sabemos que o día da Paz é cada día na convivencia da clase, no patio, no parque........

EXPERIMENTO

Os pulmóns son órganos internos moi importantes, encárganse da respiración. Ó respirar introducimos aire nos pulmóns a través do nariz e da boca. Pasa, entre outros órganos pola larinxe, pola traquea e vai aos pulmóns.
Nós vivimos a experiencia de tocar unha tráquea, de cordeiro, por dentro. Vimos que teñen unha especie de aneis que non chegan a pecharse e se botamos aire pola tráquea, os pulmóns ínflanse coma un globo e cambian de cor.
Gustounos moito.

lunes, 7 de febrero de 2011

FUNDACIÓN CAIXA GALICIA

O día 25 de Xaneiro os nenos de 3º fomos a ver á Fundación Caixa Galicia a exposición "Cen por Cen" Luís Seoane". Luís Seoane foi un artista galego que, ademais de pintor, traballou como debuxante, gravador, escritor, xornalista, ilustrador, deseñador....¡ Abraiante!¡Gustounos moito! Nos tamén experimentamos a ser grabadores e deseñamos os nosos propios mosaicos con motivos do mar e cores que Luís Seoane utilizaba. Podedes miralos e disfrutar deles.

jueves, 18 de noviembre de 2010

ATINA CO LIXO!

O Consorcio das Mariñas, do que forma parte Cambre, vén facendo un importante esforzo no seu territorio para converter aos nosos concellos en municipios sostibles, modernizando e optimizando o servizo de recollida, transporte e tratamento de lixo. Nesta tarefa, todos podemos colaborar xa que o impacto sobre o medio ambiente é cada día maior. Unha das causas é a grande cantidade de lixo que producimos na nosa vida cotiá e que nós con pequenos xestos podemos reducir. Por iso os nenos de 3º de Primaria tivemos unha sesión no cole para aprender a importancia que teñen as tres "R" (Reciclar, Reutilizar e Reducir). E ademaís contribuir a xerar menos lixo con pequenos xestos como desbotar aqueles alimentos que xa veñan envasados, mercar a granel, usar productos con recambios,etc. E co lixo que facemos? Bota no contedor verde a materia orgánica, no contedor de tapa amarela os residuos inorgánicos, bota no iglú verde o vidro e no contenedor azul o papel e cartón. Os residuos que polo seu tamaño ou risco ambiental non podes botalos en ningún dos contedores anteriores lévaos ao PUNTO LIMPO. En Cambre atoparás o punto limpo no Polígono Espiritu Santo.