jueves, 18 de noviembre de 2010

ATINA CO LIXO!

O Consorcio das Mariñas, do que forma parte Cambre, vén facendo un importante esforzo no seu territorio para converter aos nosos concellos en municipios sostibles, modernizando e optimizando o servizo de recollida, transporte e tratamento de lixo. Nesta tarefa, todos podemos colaborar xa que o impacto sobre o medio ambiente é cada día maior. Unha das causas é a grande cantidade de lixo que producimos na nosa vida cotiá e que nós con pequenos xestos podemos reducir. Por iso os nenos de 3º de Primaria tivemos unha sesión no cole para aprender a importancia que teñen as tres "R" (Reciclar, Reutilizar e Reducir). E ademaís contribuir a xerar menos lixo con pequenos xestos como desbotar aqueles alimentos que xa veñan envasados, mercar a granel, usar productos con recambios,etc. E co lixo que facemos? Bota no contedor verde a materia orgánica, no contedor de tapa amarela os residuos inorgánicos, bota no iglú verde o vidro e no contenedor azul o papel e cartón. Os residuos que polo seu tamaño ou risco ambiental non podes botalos en ningún dos contedores anteriores lévaos ao PUNTO LIMPO. En Cambre atoparás o punto limpo no Polígono Espiritu Santo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario