sábado, 15 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS

Como cada ano, Galicia honra a súa lingua dende 1963, o 17 de maio, para recordar a publicación da primeira obra maestra da literatura galega "CANTARES GALEGOS" escrita por Rosalía de Castro.
Este ano 2010, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS está adicado ao escritor e poeta lugués UXÍO NOVONEYRA. Naceu nunha aldea do Caurel o día 19 de xaneiro de 1930. Comezou a estudar en Lugo e continuou en Madrid.
Os primeiros poemas os escribiu en castelán, pero máis tarde o fixo en galego.
Era moi amigo doutro poeta galego, Manuel María, e do pintor tamén galego Carlos Maside.
Uxío Novoneyra escribiu tres libros de contos para nenos:
- "Gorgorín e Cabezón".
- "Lida, o lobo, o corzo e o xabarín"
- "O cubil do xabarín"
Ten ademáis libros de poemas entre os que destacan: "Muller pra lonxe", "Do Caurel a Compostela", "Os eidos"... Este último libro recolle poesías ambientadas nas montañas do Caurel.
Casou en 1973, con Elva Rei e tiveron tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo. Uns anos despois da súa voda foi a vivir a Santiago e durante 17 anos foi Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Foi un gran defensor do noso idioma e da nosa terra. Destacamos esta frase del:
"TODO O QUE PASOU O MEU POBO PASOUME A MÍN,
TODO O QUE PASOU O HOME PASOUME A MÍN"

No hay comentarios:

Publicar un comentario