miércoles, 30 de junio de 2010

Despedida

Todo ten un principio e un final, e este curso xa rematou. Esta é a miña última entrada como profesora do CEIP Portofaro, (polo momento)  no que quero dicir a tod@s @s "meus nen@s" e compañeir@s, que neste curso sentínme moi agusto entre tod@s vosoutr@s, como na miña propia casa, e tod@s habedes contribuído a que así sexa, pasando momentos moi agradables e disfrutando unha chea.
Deséxovos boa sorte e invítovos a que sigades participando neste blog, no voso blog, xa que seguirá a súa andaina para nov@s alumnos do vindeiro curso.
Despídome de todos vós con un ATA LOGO, xa que espero vervos pronto.
Sempre vos levarei no meu corazón. Un bico e grazas 

JUANA

No hay comentarios:

Publicar un comentario